Lectura do manifesto polo Día Internacional do Orgullo LGBTI

A Concelleira de Benestar Social e Iguadade do Concello de Ponteareas acompañada da Corporación Municipal leu no exterior do edificio do Concello o Manifesto aprobado por unanimidade no pleno do martes día 20 con motivo da celebración do Día Internacional del Orgullo LGBTI.

Dende hoxe e durante toda a semana permanecerá no balcón do Concello a bandeira que conmemora o Día Internacional del Orgullo LGBTI.