Lectura aberta de “Don Quixote infantil” na Biblioteca Municipal

Biblioteca-Municipal-5A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organizará unha “Lectura aberta de Don Quixote infantil” para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebra o vindeiro xoves 23 de abril. A lectura dará comezo ás 18:00 horas e terá unha duración estimada de 60 minutos.

O obxectivo desta actividade é fomentar o hábito de lectura entre a cidadanía para que se achegue á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer.

A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como as actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e, en definitiva, dar a coñecer a biblioteca ao público en xeral.