Jairo Pérez e a súa nai Emi Luis agradecen á veciñanza a súa colaboración na mellora da saúde de Jairo

Emi Luis e Jairo Pérez quixeron onte agradecer públicamente a todas as persoas que os axudaron e os están a axudar a superar a enfermidade de Jairo; que tras padecer una hemorraxia cerebral con tan só catro meses sufríu unha parálise total no lóbulo dereito do cerebro e parte do esquerdo quedándolle graves secuelas tanto psíquicas como físicas.

Acompañados da Alcaldesa en funcións, Chus Garrote, da Concelleira de Ensino, Cristina Fernández e do Concelleiro de Servizos Socias, Manuel Troncoso, deron conta do destino que tiveron os cartos que no 2016 recibiron da subasta solidaria das Meninas.

Segundo relatou Emi Luis, nai de Jairo, a donación foi invertida na intervención que lle practicaron ao seu fillo o 13 de xuño de 2017 no Policlínico de Barcelona. Unha operación exitosa que custou máis de sete mil euros e que conseguíu que gora Jairo poida comer e conter a salivación, levantar o brazo esquerdo e ter mobilidade na man esquerda, ademais de poder camiñar de xeito estable.

“Ao ter un pouco máis de liberdade nos movementos síntese máis motivado e mellorou psicoloxicamente, quero agradecer sinceramente a axuda de todos os que recolleron tapóns e daqueles que participaron na subasta das Meninas, tamén do Concello de Ponteareas e da FANPA polo seu apoio e de todos aqueles que contribúen a diario na mellora das notas vidas”, explica Emi Luis.

O día a día de Jairo transcurre entre as sesións de rehabilitación e fisioterapia privadas e da sanidade pública, que logo de moitas protestas e insistencia por fin conseguiron, as horas no centro Saladino Cortizo de Vigo e no San Rafael, o logopeda grazas á beca escolar e a terapia ocupacional. A súa nai precisa adicación exclusiva para medicalo e atendelo e cada un dos pasos na mellora da calidade de vida de Jairo implica tratamentos custosos que a sanidade pública non asume.

Evitar as 26 pastillas e un xarope ao día que toma para o tratamento da epilepsia é o seguinte obxectivo a conseguir. Segundo Emi Luis o método Tomatis poderia reducir a tres as pastillas diarias, algo que evitaría os efectos secundarios de toda a cantidade de tratamento que inxire contribuindo na mellora da súa saúde.

Encasillado clínicamente nun “retraso psicomotor” a nai de Jairo leva anos loitando por unha intervención que o neurólogo pediátrico lle aconsellou pero a que non da luz verde. Este é o outro dos obxectivos, unha intervención que cubra a sanidade pública.

Nestes tres anos en Ponteareas, Jairo pesou de 21 kg a 50 kg, de ter dor muscular a non tela, de non camiñar a camiñar, de non beber nin comer sen dificultade, a facelo controlando incluso a salivación e todo grazas á axuda do goberno local e da veciñanza que se volcou nas campañas de solidaridade.

“Jairo ten agora quince anos e desde hai tres anos vive coa súa nai e a súa irmá en Ponteareas, para nós sempre foi unha prioridade axudalos e conseguir que o seu día a día sexa máis doado. O avance é posible e foi posible grazas á axuda de todos para contribuir a sufragar as intervencións médicas privadas. Queremos agradecer á veciñanza que foi sensible e solidaria e que segue a selo”, explica a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández.