IV Festa dos Maios

foto maiosO pasado venres presentouse no salón de plenos da casa do concello a IV Festa dos Maios que se celebrará o domingo 11 de maio na parroquia de San Mateo de Oliveira. Ao acto asistiu o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla acompañado por directivos da Asociación de Veciños San Mauro.

A festa dará comezo ás 18h cun concurso de Maios e contará coa actuación dos grupos Pedra da Garza, de Fozara, e Airiños de Silvoso de Pontecaldelas.