Italia e Portugal contaxiáronse da nosa arte floral

 

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, no nome de todo o goberno felicitou ás e aos alfombristas que fixeron gala da nosa arte floral tanto en Italia como en Monçao esta pasada fin de semana.

O sábado 11 de maio os e as alfombristas de Ponteareas promoveron a arte efímera de Ponteareas na cidade italiana Pietra Ligure e na cidade portuguesa de Monçao con motivo da celebración da Nossa Senhora da Rossa na que reforzaron, un ano máis, os dez anos de irmandade cun deseño da artista portuguesa Mafalda de Castro con elementos típicos da cultura portuguesa.

Dúas cidades separadas xeográficamente pero unidas pola arte floral da nosa cidade. En Pietra Ligure participaron dentro da sexta edición da exposición internacional “Pietra Ligure in Fiore” que se celebrou no centro histórica da cidade.

Alemania, Austria, Bélgica, Hungría, Lituania, Polonia e Portugal foron outros dos países participantes que fixeron un total de 43 alfombras congregando a máis de 800 alfombristas.