Inscrición aberta para a liga de pádel Concello de Ponteareas

A concellería de Deportes que dirixie Nahir Covelo convida a todos e todas as afeccionadas ao pádel a participar na liga pádel concello de Ponteareas que terá lugar dende o mes de novembro ao mes de maio no complexo deportivo Álvaro Pino.

O Club Pádel Ponteareas informa que durante o mes de maio se desputará unha fase final nas propias instalacións e que haberá premios para os campións e campioas así como tamén para os subcampións e subcampioas da fase final.

A liga padel Concello de Ponteareas desputarase en tódolos niveis das categorías masculina, feminina e mixta. O prezo da inscrición por parella é de 15 euros e o teléfono de contacto para maior información é o 695 07 06 31.

As inscricións poderán realizarse na páxina web www.complejoalvaropino.com ou www.ibertenis.com