Inscríbete no Basket na Rúa e amosa o teu lado máis solidario

Os e as xogadoras aportarán un produto solidario

O prazo de inscrición remata este xoves día 19 de setembro

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, convida a toda a cidadanía a participar no Basket na rúa 3×3 este sábado día 21 a partir das 16:00 horas na Praza Maior. Organizado en colaboración co Club Baloncesto Condado acollerá tres torneos: o senior-junior, cadete-infantil e torneo minibasket-benxamín.

A inscrición será por riguroso orden de chegada e estará limitada en principio a 16 equipos tendo preferencia aqueles equipos preinscritos.
Os equipos estarán formados por 5 xogadores e o capitán pode ser un dos compoñentes do equipo ou unha persoa diferente.
Os xogadores de cada equipo deben vestir camisetas da mesma cor.
Na categoría senior-junior o coste de inscrición é de 20 euros e no resto de balde.
O prazo
de inscrición remata o Xoves 19 de Setembro as 23:59 h.

As preinscricións pódense facer na seguintes ligazóns: http://cbcondado.blogspot.com/2019/09/inscripciones-torneo-basket-na-rua-3×3.html

O Club informa que cada xogador de tódalas categorías deberña aportar un produto de limpeza xeral, de hixiene persoal ou de alimentación para amosar así o seu lado máis solidario e colaborar con Ponte Solidario.