Iniciados os traballos de acondicionamento do aparcadoiro na rúa Sarmiento Rivera

Contará con preto de 200 prazas de aparcamento

O Concello de Ponteareas iniciou hoxe os traballos de acondicionamento do novo aparcadoiro público da rúa Sarmiento Rivera. A parcela cedida ao Concello ten unha superficie de 6.500 m2 aínda que as actuacións abranguen aproximadamente 4.000 m2.

 

O novo aparcadoiro, situado fronte ao cuartel da Garda Civil, terá uns 4.000 m2 e preto de 200 prazas de estacionamento o que o converterán no máis grande dos existentes en Ponteareas. Atópase a 160 metros e 2 minutos da Casa do Concello e polo tanto do centro urbano.

 

Segundo explicou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, o acondicionamento quedará concluido en varias semanas en función das condicións meteorolóxicas que poden retrasar os traballos.

 

O Concello de Ponteareas ampliou recentemente o aparcadoiro de Granitos de Galicia que pasou a contar con 133 prazas de estacionamento.