Inauguración en Ponteareas do curso emprego doméstico

DSC01545A diputada provincial Marta Iglesias inaugurou hoxe no CDL de Ponteareas,  o curso de emprego doméstico, integrado no  ciclo formativo de inserción laboral Aquelando3, organizado por terceiro ano consecutivo pola Diputación de Pontevedra.

No acto, o que tamén asistiron o alcalde Salvador González e a concelleira de emprego de Ponteareas, Marisol Valado; o técnico do proxecto, Miguel Panette; así como os quince alumnos que desenvolverán este proyecto, explicóuse o arranque do ciclo Aquelando deste ano, na súa terceira edición e analizóuse, como os resultados acadados nas anteriores foron  determinantes para a súa continuidade.

O obxectivo do programa é a inserción laboral, das persoas que participan nas diferentes accións formativas e, neste senso, a deputada Marta Iglesias destacou, como dato relevante que o 72% dos participantes na derradeira edición, acadaron finalmente algún contrato de traballo.

Iglesias explicou, que o ciclo abríuse  este ano a novos sectores, despois de que nas edicións anteriores, os cursos estiveran orientados  na súa  totalidade, o sector de atención as persoas con necesidades.  Nesta ocasión,  a formación ampliouse a sectores como o comercio, marketing, administración  e a xestión.

Tamén destacou a inversión de casi 65 millones de euros,  en programas de emprego feita pola Deputación, en toda a provincia e que logrou,  en colaboración con empresas e administracións púbricas, ofertar unha oportunidade laboral, a perto de 8.000 persoas nos últimos tres anos.

O alcalde Solla, slientou a importancia da formación que iban a recibir os asistentes, porque “o sector social é un dos que agora mesmo está a procurar emprego, polo que  é unha gran oportunidade, para todos os presentes, poder acceder a unha inserción laboral con un certificado profesional, polo que o concello de Ponteareas, fixo e fará os esforzos necesarios para facilitar os seus veciños dito aceso”.

A concelleria de emprego, Marisol Valado, agradeceu  pola súa banda “o esforzo da Deputación en materia de emprego e formación, coas distintas accións formativas, feitas en Ponteareas, tanto do proxecto Aquelando como do proxecto Actívate”, referíndose as novedosas e recentemente rematadas accións de: acompañante de transporte escolar. Ao mesmo tempo, dixo que “ a inversión feita polo concello nas instalacións do CDL nas que agora se atopan, cumpren co obxectivo para o que se fixo: falicitar traballo a os Ponteareáns”.