Inauguración do parque infantil e biosaudable na Avisoureira, Guláns

O goberno de Ponteareas e a Fundación Groba convidan á veciñanza a participar na inauguración do parque infantil e biosaudable do centro cultural Avisoureira de Guláns que terá lugar mañá venres ás 21 horas no propio parque situado ao carón do centro cultural. Este proxecto realizouse a través do GDR Condado Paradanta e contou cunha axuda do programa LEADER GALICIA 2014-2020.