Ilusión, música, baile e rebeldía na VIII edición do Festival das Brétemas

O venres 27 e o sábado 28 o Festival das Brétemas amosará as realidades silenciadas pola sociedade

Chega ao parque da Feira Vella e á sala multiusos do auditorio municipal un ano máis o Festival das Brétemas este venres 27 e sábado 28.

Cada ano o tema do festival muda, dando voz às realidades silenciadas pola sociedade, o poder e os medios. Segundo explica a organización esta edición tratará esas realidades querendo mostrar “as opresións que nos traspasan transversalmente de diferentes xeitos”.
Unha fin de semana chea de ilusión, música, baile e rebeldía que conta coa colaboración de Pablo Prado, “capaz de transformar a nosa programación nunha obra gráfica que nos representa e nos empodera”.

O Festival das Brétemas é un espazo feminista, un espazo de seguridade donde danzar, gozar e aprender. Esta VIII edición, o festival percorre camiños, ideas e persoas tentando un achegamento con aquelas realidades non normativas e afastadas do padrón social maioritario.


A organización do festival adianta que será un espazo libre de violencia machista e de atitudes homofóbicas e transfóbicas.

Deste xeito, mulleres bravas e bretemosas, resérvanse o dereito a tomar as medidas oportunas para a prevención e cese de atitudes ou agresións machistas, racistas, fascistas e discriminatoria”

Este ano no Festival estarán Lésbicas Creando, Corentena producións, Zaaf Anuvis , Flow do toxo, A resistência do dedo médio, Abadá-Capoeira Vigo/ESPAÑA, Brigada SOUND (Sapoconcho SemPoncho), Pantera Negra, Sos Racismo Galicia, Tamborililás – Batukada Feminista, Mounqup, Güintervan, TESA, Saya Mohamed e Tremenda Jauría.

A organización agradece aos patrocinadores e artistas a súa participación e convida a seguir a obra gráfica que os representa no facebook FUCO no instagram @fucoprado e olha a sua web: http://pabloprado.net/es