III Carreira San Silvestre Solidaria de Ponteareas

sansilvestre14O mércores, día 31 de decembro, levarase a cabo a III Carreira San Silvestre Solidaria de Ponteareas, co-organizada polo Concello de Ponteareas e a Asociación Deportiva Tanninos Runners.

Esta carreira solidaria, organizada conxuntamente polo Concello de Ponteareas e “Taninos Runners”, consistirá nunha proba non competitiva e solidaria cun percorrido polo centro urbano, de 5 Km, e na que poderán participar todos aqueles que o desexen, e previamente inscritos, desde os oito anos en diante. Este ano conta coa novidade da celebración da San Silvestre Solidaria Infantil que contará con dúas categorías: unha para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos (nados nos anos 2004, 2005 e 2006), cun percorrido dunha volta ás dúas prazas de Ponteareas, saíndo ás 16:45 horas e, outra, para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos (nados nos anos 2001, 2002 e 2003), cun percorrido de dúas voltas ás dúas prazas de Ponteareas, coa saída ás 17:00 horas. O resto dos participantes tomarán a saída ás 17:30 horas. Aqueles que o desexen poderán facer unha achega voluntaria de comida non perecedoira a favor do Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas.