II Xogos Florais este venres no Reveriano Soutullo

A sala multiusos do auditorio municipal Reveriano Soutullo acolle este venres 23 de xullo ás 20:30 horas os II Xogos Florais coa participación de Marta Dacosta, Antonio García, Kiko Neves e Artur Alonso e coa actuación de Grupo de Corda. 

No devagar dos Xogos entregaranse os premios do II Certame de Poesía do Concello de Ponteareas.