Hoxe sábado ás 20:30 horas teatro amador no auditorio

O grupo de teatro de Xinzo porá hoxe en escena “Todo queda na casa” no marco da terceira edición das xornadas do teatro amador do concello de Ponteareas. Ao remate da obra haberá sorteo de agasallos e o público poderá valorar á mellor obra de todas as xornadas.

O prezo da entrada será de dous euros aínda que a concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba pon a disposición do público un bono de 5€ para todas as funcións.

A cita de hoxe será ás 20:30 horas no auditorio municipal.