Hoxe e mañá, tarde de manualidades de outono e animación infantil baixo a carpa da Praza Maior

O concello de Ponteareas convida a tódalas familias a achegarse á carpa da Praza Maior hoxe e mañá para que os máis pequenos poidan aprender e xogar cos obradoiros de manualidades de outono que terán lugar de 17 a 19 horas totalmente de balde.Ademais, tamén haberá tempo para divertirse coa animación infantil.