Guláns exaltará os seus pementos este domingo no parque da Avisoureira

Menú degustación de pementos asados, churrasco e marmelada de pemento e tetilla, animación musical e mercadiño sostible a partir das 10:30hrs

Ponteareas exalta os seus produtos e rende esta fin de semana homenaxe ao pemento de Guláns. Organizada pola concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Eva Gil, e pola asociación Amigos do Pemento de Guláns en colaboración coa asociación Artístico Cultural de Guláns, o parque da Avisoureira acollerá este domingo día 1 de setembro unha xornada gastronómica con menú degustación de pementos asados acompañado de churrasco e marmelada de pemento e tetilla.

Esta quinta edición tamén ofrecerá un mercadiño sostible no que atopar produtos locais artesáns e produtos bio ademais de produtos da horta, postos de antigüidade, de segunda man e de téxtil.

Ás 12:30 horas o exdirector da banda de música Xuvenil de Xinzo e exconcelleiro municipal, Bolívar González Rodríguez, lerá o pregón e a animación musical será a cargo de Ronco Fol.

O parque da Avisoureira xa está preparada para presumir de pementos de primeira e abrirá as portas desta festa exaltación a partir das 10:30 horas.