O Complexo Deportivo Álvaro Pino acolleu a pasada fin de semana o campionato galego máster de verán, unha cita coa que pecha a tempada 2021-22 de natación en liña (en piscina) e dá paso á natación en augas abertas, con múltiples travesías programadas para os meses de verán en toda a xeografía galega.
En total, 31 clubes e máis de 300 nadadoras e nadadores estaban convocados a este campionato, o primero celebrado tras deixar atrás as restriccións polo COVID-19, que permitía por tanto a presenza de público e a volta ao formato orixinal en dúas xornadas sen división de categorías.
Grande ambiente, cun alto nivel deportivo que crece ano a ano e, sobre todo, moitas ganas de gozar do deporte de competición é o resumo do acontecido na vila esta fin de semana. O evento tivo ademáis o seu impacto na economía local e na difusión da festividade do Corpus entre os participantes das probas.
No referente aos títulos, o Club Natación Ponteareas fíxose co campionato na clasificación masculina, feminina e conxunta, pechando este curso de forma sobresaínte.