O goberno investirá máis de setenta mil euros na mellora dos centros escolares

O pleno da corporación municipal aprobou por unanimidade as propostas da concelleira de Ensino, Cristina Fernández Dávila, de melloras en distintos centros educativos por un valor total de 72.281€.

En concreto, o gobierno destinará 22.792€ para convertir a pista de terra existente no CEIP Santiago de Oliveira nunha pista de patinaxe executando un novo pavimento, unha soleira de formigón coloreado e mellorando a pista de acceso creando unha rampa. O espazo entre as gradas e a rampa acondicionarase creando un pequeno xardín de rochas con prantas de baixo mantemento como o tomillo serpol e o espliego.

Ademais, reformarase o interior do patio cuberto no CEIP Mestre Ramiro Sabell cun orzamento de 7.199€. O patio cuberto transformarase nun circuito de educación viaria para o alumnado de educación infantil. Nas paredes proponse realizar un mural didáctico coa temática da mobilidade sostible e o dereito á cidade dos nenos e das nenas. No chan debuxarase un trazado que imite un tramo urbano que sirva para explicar os conceptos básicos de seguridade viaria así como propiciar o xogo simbólico pretendendo que o patio cuberto se converta nun escenario de barrio.

Un total de 36.300€ investiránse no proxecto de acondicionamento parcial dos Centros Rurais Agrupados de Areas e Ribadetea para mellorar o aillamento e impermeabilización de cubertas, substitución de ventanas e substitución de carpinterías exteriores, entre outros traballos a realizar. 

No C.R.A de Areas ademais, incorporarase un sistema de drenaxe perimetral e mellorarase a accesibilidade cun orzamento de 5.990€.

No pleno non se deu luz verde ao incremento da xornada da praza do asesor xurídico que contou cos votos en contra de toda a oposición cambiando o PP e ACIP o sentido do voto da aprobación inicial na que se abstiveron impedindo unha maior adicación para axilizar as tramitacións como por exemplo as licencias de obras, entre outras.