O goberno convoca un acto informativo sobre os incendios o luns 30

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, visitaron hoxe xunto ao delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, J.M Cores Tourís, a parroquia de Guláns, unha das zonas máis afectadas polos incendios na que se produciron danos materiais e medioambientais.

O Goberno de Ponteareas, que xa realizou diferentes visitas ás zonas afectadas por esta catástrofe medioambiental, reclamará ás diferentes administracións as axudas correspondentes para a máis rápida recuperación tanto do patrimonio natural como dos bens materiais e dos particulares afectados. 

O Alcalde de Ponteareas xa trasladou as súas reclamacións á Xunta sobre a falta de previsión,a falta dun mando de único de coordinación e a inexistencia dun protocolo de emerxencias. 

Represas urxíu á Cores Tourís na necesidade da tramitación das axudas que deben contemplar todos os danos non so as cuantificables se non tamén os que provocan unha perda de calidade nos servizos e suministros e que require investimentos como é o caso das augas e dos montes que requiren medidas de urxencias para garantir a calidade das augas das traídas, que é responsabilidade da Xunta e no que o Concello está disposto a colaborar.

O Concello de Ponteareas convoca a tódolos veciños e veciñas, voluntarios, Comunidades de Montes, colectivos sociais e veciñais e afectados polos incendios en xeral ao acto de información sobre actuacións tralos incendios que se celebrará no auditorio municipal o luns día 30 de outubro ás 19:30 horas. 

O goberno de Ponteareas informará aos veciños e veciñas das primeiras medidas a adoptar da man de técnicos profesionais de medio ambiente, biólogos, enxeñeiros forestais, psicólogos e veciños. Nas súas intervencións ofrecerán recomendacións e nocións básicas que axuden aos afectados a superar os efectos da catástrofe dos incendios.

Co obxectivo de iniciar medidas conxuntas e establecer un protocolo de actuación para futuros casos de perigo de incendio, este primeiro acto convoca a toda a cidadanía como propietaria e afectada polos danos ao patrimonio natural e bens materiais ao tempo de insistir na concienciación e valoración da medio ambiente.

Deste xeito, o goberno de Ponteareas, ademais de recoñecer a labor imprescindible dos veciños, voluntarios e traballadores, crucial na extinción dos incedios, pon en marcha a colaboración e coordinación do voluntariado.

Coa intención de comezar a traballar da man de propietarios, colectivos e voluntarios na recuperación dos terros afectados, o goberno de Ponteareas informará tamén neste acto do número de téfono, correo elecrónico e trámites de rexistro na base de datos de voluntarios para labores medioambientais. 

O actual goberno de Ponteareas puxo en marcha neste mandato a organización do voluntariado municipal denominado Voltea que xa ten iniciado algunha actuación e que tamén estará presente na charla.