O goberno adianta que non existe risco de contaminación das augas por lindano

O Concello de Ponteareas quere trasladar á poboación que non hai risco de contaminación nin perigo para a saúde por mor dos vertidos de terra afectados por lindano.

Tras ser coñecedores do acontecido o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, púxose en contacto coa Comunidade de Montes de Xinzo e coa Traída de Augas Parada Rocha para coñecer a situación actual e abrir un expediente para realizar un control exhaustivo deste traslado de terreos, tanto os afectados directamente como os que se atopan na contorna.

“O goberno de Ponteareas esixirá á Xunta de Galicia que inspeccione os terreos lindantes por se puidera atoparse algún resto. Ao ser un traslado de terras procedente de Porriño entendemos que é responsabilidade da empresa que xestiona estes residuos e da Consellería de Medio Ambiente garantir a total descontaminación da zona”.

O goberno de Ponteareas tamén esixe á empresa concesionaria da canteira que delimite a zona afectada para que non entre en contacto con ningunha outra terra ou material evitando posibles contaxios ou traslados de restos de lindano.

Así mesmo, requirirase á empresa Áridos Puenteareas S.L toda a información deste depósito e posterior movemento de terras para logo pola en coñecemento do resto da corporación e colectivos veciñais que así o soliciten.

O Alcalde de Ponteareas confirmou co presidente da traída de augas que o acuifero non esta afectado, que as analíticas non deron restos de lindano e o subministro da traída de augas non estaba conectada a este acuífero ao dispor de abastecemento doutros acúiferos. O goberno de Pontearaeas , en colaboración coa traída veciñal fará un seguimento deste acuífero.

As analíticas realizadas pola traída están a disposición do público en xeral no seguinte enlace de COXAPO https://www.coxapo.com/estadodetuagua.aspx#