Gañadores do Concurso Infantil de Disfraces

cdisfracesO luns os nenos foron os protagonistas do Entroido de Ponteareas, reuníndose na Praza Maior, onde disfrutaron e participaron no Concurso Infantil  no que se premiaron os  mellores disfraces e no que participaron máis de 50 nenos, cheos de ilusión por conseguir a prezada recompensa, que valoraba sobre todo os disfraces de confección artesanal.  O primeiro premio consistiu nunha bicicleta e recaeu no disfraz “Traxe de noiva con culleres de plástico”; o segundo premio recaeu no “Rei dos Refrescos, feito con chapas, e que foi obsequidado cunha táblet; o terceiro premio recaeu no disfraz “Fantasía de Primavera”, que obtivo un mp4;  o cuarto premio, consistente nun mp3, recaeu no disfraz “Ave do Paraíso” e o último premio no disfraz “ Coello saíndo de chisteira”, que foi obsequiado cun quebracabezas.