A Fundación Guláns presenta o Cross Escolar zonal do próximo venres 25

A carreira escolar que terá lugar no entorno das instalacións da Casa Cultural de Guláns, sede da Fundación Guláns, o vindeiro vernes 25 de novembro entre as 10.00 e a 13.00 horas.  O evento deportivo contará con máis de 400 nenos

p1030442A Casa Cultura da parroquia coa presenza do xefe de Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, así como dos organizadores, o secretario da Fundación, Florencio Porto, e o coordinador da Asociación Deportiva Condado-Paradanta, José Luís Soto

“É de vital importancia que as parroquias de Ponteareas acollan tamén este tipo de eventos, para facer visible a súa grande actividade”, indicou o concelleiro de Deportes, Benito Márquez. “Hai que agradecer desde o Concello todo o traballo voluntario e desinteresado dos organizadores para traer esta carreira a Guláns”, manifestou a concelleira de Ensino, Cristina Fernández.

 “Agradecermos o traballo da Fundación Guláns e aos mestres que, fóra do seu horario laboral, fan posible este tipo de eventos para as nenas e nenos.”, sinalou o xefe de Servizo provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides.

 “Tentamos traballar coas nenas e nenos para que haxa saídas diferentes no deporte, e para que valoren unha vida saudable a través da educación física”,  explica o mestre do CEIP Fermín Bouza Brey e coordinador da A.D. Condado-Paradanta, José Luís Soto.