“Flores para as Meninas” donará os fondos recadados á Asociación Dar Máis

A Concellería de Ensino de Ponteareas en colaboración coa Concellería de Comercio convida a toda a veciñanza, colectivos, comercios e empresarios a participar na subasta das Meninas realizadas polos centros escolares e outros colectivos como Aldeas Infantiles, ASPRODICO ou Atención Temperá…
Nesta segunda edición os fondos recaudados polo proxecto “Flores para as Meninas” irán destinados á Asociación Dar Máis, que dende hai dezaseis anos acolle a persoas con desarraigo familiar. Nestes intres, no seu fogar de Bugarín residen nove persoas atendidas por unha traballadora social, unha coidadora que coordina a limpeza e o mantemento da casa que eles mesmos coidan e unha animadora sociocultural que nas tardes dirixe as actividades didácticas e de lecer.
“Dar Máis recibe xente con desarraigo familiar e apoia ás familias que, logo de intentalo todo, non conseguen atender axeitadamente aos seus familiares. Tamén estamos a recibir xente derivada do hospital Nicolás Peña e do Álvaro Cunqueiro. En Dar Máis damos unha atención persoalizada a cada un dos residentes e perseguimos que exploten ao máximo a súa autonomía e capacidades”, explica María Ángeles Babarro, presidenta de Dar Máis.
Na pasada edición a FANPO (Federación de Anpas de Centros de Ensino Públicos das Comarcas Condado-Paradanta e Louriña) recaudou 1400€ para os tratamentos de Jairo cunha enfermidade que o tiña postrado nunha cadeira de rodas e que nestes días ven de someterse en Barcelona a unha intervención.
O proxecto “Flores para as Meninas” conta co apoio do Concello de Ponteareas que coordina e aporta o material aos centros educativos e colectivos colaboradores para que creen a menina. Unha vez feitas, as meninas son acollidas por distintos comercios e negocios de Ponteareas no que permanecen ata o día da subasta que, nesta edición, se realizará o domingo día 2 de xullo ás 20 horas na terraza do local do JJ Copas, na Avda de Galicia.
“Grazas a estes fondos e outros, Jairo recibíu diferentes tratamentos que melloraron a súa calidade de vida e finalmente acaba de sometese a unha intervención en Barcelona. “Flores para as Meninas” é un proxecto que seguirá a medrar xa que para o ano contamos con convidar a centros educativos das vilas veciñas e outros colectivos que xa manifestaron o seu desexo de participar para colaborar nesta iniciativa”, explica a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández.
Dende a primeira edición “Flores para as Meninas” contou coa implicación dos centros escolares na creación das pezas e do comercio de Ponteareas que apoia e promociona o traballo realizado polos escolares lucindo nos seus escaparates e negocios as obras de arte solidario.
Cada ano o Concello de Ponteareas libera unha menina para a súa colección, a fin de conservar unha figura en cada edición e poder expor finalmente todas xuntas, recreando o cadro orixinal de Velázquez.