Fin de semana de Xadrez!!! Aínda podes inscribirte!!!

A concellería de Deportes que dirixe Nahir Covelo convida a toda a cidadanía a desfrutar do xadrez no IV Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas e I Gran Premio Óptica Mahen que terán lugar este sábado día 16 e domingo 17 no IES do Barral organizado pola Escola Municipal de Xadrez Ponteareas, polo club deportivo do IES do Barral e por ACLUDI en colaboración co concello de Ponteareas.

O torneo desputarase por sistema suízo de cinco rondas e o ritmo de xogo será de 60 minutos de reflexión por xogador para toda a partida. Os emparallamentos serán informatizados cun programa homologado pola FIDE.

O torneo arranca ás 10:15 horas e as inscricións estarán abertas ata o venres día 15 a través do enderezo electrónico xadrezponteareas@yahoo.es ou no teléfono 627 249 951.

O acto de clausura e a entrega de premios será o domingo 17 de novembro ás 19 hora en presenza do comité organizador e dos representantes das institucións públicas.

Toda a información na seguinte ligazón http://xadrez-ponteareas.blogspot.com/