Fin de semana de corais no Auditorio Municipal de Ponteareas

A concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, pon en marcha a segunda edición do Encontro de Corais en Ponteareas. A cita, que terá lugar no Auditorio Municipal, comezará este venres 15, ás 20h, coa participación do Coro Cantemos e o Obradoiro Vocal a Vila.

O sábado, ás 20h, será a quenda do Orfeón Condado Paradanta e Mistura Vocal. As corais Santa María de Areas, Ars Cantorum de Guillade e Centro Artístico Sportivo serán as encargadas de clausurar o encontro o domingo ás 19 horas.

Hortensia Bautista destacou que “a música é un sinal de identidade de Ponteareas, que está presente na nosa vida cotiá”, polo que a concelleira anima a toda a veciñanza a asistir ao Auditorio e desfrutar da música coral.