Festival Tremiñado este domingo ás 18 horas

Esta fin de semana chega ao auditorio municipal o Festival Tremiñado cargado de música tradicional. Organizado pola asociación cultural Tremiñado en colaboración co concello de Ponteareas será este domingo día 17 ás 18 horas.

O público gozará das actuacións de Tremiñado Folk e da banda de gaitas Tremiñado, haberá tempo tamén para o grupo de nenos e para a iniciación ao baile e á música tradicional.