Festival Solidario co Pobo Saharaui en Ponteareas

O Auditorio Municipal de Ponteareas acolle, dende as 17:00 horas deste domingo 29 de xaneiro, o Festival Solidario co Pobo Saharauí. O evento, organizado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui –SOGAPS- coa colaboración do Concello de Ponteareas, está dirixido a un público familiar, e será de entrada gratuíta, aceptando unicamente doazóns.

A música, os contacontos, a maxia, o humor e a animación infantil serán os protagonistas deste festival solidario co Pobo Saharaui, no que actuarán Peter Punk, María Carrera, Mago Marco, Jungle Julia, Coro Cantemos e Coliño Bailongo. Cristina Maró será a encargada de conducir o evento.