Festa Celta do Solsticio de Verán en Ribadetea

O evento terá lugar no Centro Cultural da parroquia os días venres 26 e sábado 27 de xuño

festa-celta-solsticio-verán-ribadeteaO Centro Cultural de Ribadetea será o escenario da “Festa Celta do Solsticio de Verán”, organizada pola Asociación de Veciños da parroquia ponteareá.

Ás 23:00 horas deste venres, 26 de xuño, abrirase oficialmente o evento coa “Festa dos Fachos”, na que se poderá gozar de música tradicional dunha invocación aos deuses feita por “Estántiga da Néboa”.

O sábado, 27 de xuño, a partir das 10:00 horas, será posible realizar unha ruta guiada ao Castro de Minas da Croa. A partir das 12:00 horas do sábado terá lugar unha exhibición da sementeira tradicional con arado e bois.

As Olimpiadas Labregas empezarán ás 16:00 horas e constarán de competicións de pateiro, lanzamento de sacho e boina e de carreiras de carretillos. Estas probas serán realizadas no campo de fútbol da Barxela.

Contra a noite, a partir das 21:00 horas, entregaranse os premios das mencionadas olimpiadas e se ofrecerá unha chourizada. Despois da cea haberá unha procesión celta polas rúas da parroquia para posteriormente pechar a festa cunha queimada invocada polo Meigo do Tea.