Fálame moito e ben chega ao auditorio para as familias de Ponteareas

A concelleira de Cultura, a nacionalista Hortensia Bautista, convida a toda a veciñanza a participar nas actividades do programa APEGO correspondentes a este trimestre e que van dirixidas a cativos e cativas de 0 a 6 anos.

Coa intención de medrar da man do galego o programa familiar de socialización da lingua visitará a sala multiusos do auditorio municipal este sábado dia 11 ás 11:30 horas co obradoiro para nais e pais “Fálame moito e ben” con Raquel Varela de Oikos.

O sábado 12 de maio tamén ás 11:30 horas as familias dos máis pequenos e pequenas poderán participar no obradoiro “A casa encantada de Alí” con Luis Prego e Fabaloba.

E xa o sábado 16 de xuño ás 11:30 horas o espectáculo sensorial “A alfombra máxica” de Mirari Urruzola trasladará a todas as familias participantes ao mundo dos sentidos.