Faino doado! Respecta as normas e emprega o servizo de recollida de enseres con tan só unha chamada

A concellería de Medio Ambiente lembra que aínda que o punto limpo municipal está pechado ao público, por mor do estado de alarma, o servizo gratuíto de recollida de enseres funciona con normalidade previa chamada telefónica

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, solicita á cidadanía toda a colaboración para manter a nosa vila máis limpa e coidada en cada recuncho do rural e do centro urbano.

Rosa Covelo explica que esta fotografía dun contedor en Canedo con enseres que deben ser depositados no punto limpo reflicte a falta de solidariedade dalgúns cidadáns “que aínda que cada vez son menos siguen a producirse casos. Debemos seguir colaboranto todos e todas na denuncia de actitudes incívicas trasladando ás autoridades toda a información posible”.

A concelleira de Medio Ambiente lembra á cidadanía que o punto limpo está pechado por mor do estado de alarma pero que o servizo de recollida de enseres sigue funcionando con total normalidade e cada venres a primeira hora da mañá comeza o seu percorrido recollendo tódolos enseres depositados nos puntos previamente comunicados pola cidadanía vía telefónica.

Gratuíto, cómodo e limpo tan só hai que chamar previamente ao número de teléfono 986 640 307 para organizar a ruta de recollida. Os e as solicitantes deberán deixar os seus enseres dende o xoves ás 21 horas ás 06 do venres para non molestar ao resto da cidadanía e sempre previa chamada.