Éxito nas acticidades lúdicas da Bioblioteca durante a Semana Santa

DSC_0090A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organizou actividades lúdicas con motivo da Semana Santa, as cales foron un éxito na participación dos nenos que conciliaron na vida laboral e familiar.

Realizáronse varias actividades como manualidades, globoflexia, dinámicas de grupo, xogos cooperativos, …

Unha vez máis, o obxectivo destas actividades foi fomentar a lectura entre os máis cativos para que se achegasen á biblioteca e a coñecesen, ademais de divertirse no seu tempo de lecer. A animación á lectura e todo o que sexa abrirse ó público en xeral, é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.