A Asociación Deportiva Wudang pecha a súa participación con cinco medallas de ouro, dúas pratas e cinco bronces
A Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas vén de pechar a súa participación no Campionato de España de Wushu celebrados no Pavillón do CSD en Madrid.
As medallas acadadas polos deportistas ponteareáns quedaban distribuídas do seguinte xeito:
Paula Sotelino:
Medallas de ouro nas categorías de Changquan junior e Gunshu junior, así coma bronce en Daoshu junior.
Jacobo Mo:
Medalla de ouro na categoría de Nandao absoluto promoción e bronce en Nanquan absoluto promoción.
Maikel Cuña:
Medalla prata en Nanquan absoluto promoción, e bronces en Nandao absoluto promocion e Nangun absoluto promoción.
Belén Arjones:
Medallas de ouro nas categorías de Nanquan absoluto promocion e Nangun absoluto promoción, así comoa prata en Nandao absoluto promoción.
Sergio Vazquez:
Medalla de bronce na categoría de Changquan junior
Benito Márquez salienta “o enorme estado de forma das e dos deportistas da Asociación Wudang, que fai unhas semanas acadaban xa numerosas medallas nos campionatos galegos”. Amais, o edil de Deportes destacou “o enorme traballo que hai detrás, sen o que é imposible chegar a ese óptimo nivel de forma”.