Exhibición de playback no parque da Feira Vella

Dentro da programación das festas de setembro, a concellería de Cultura organiza este venres día 15 no parque da Feira Vella unha exhibición de grupos de playback das parroquias de Areas, Prado e Santiago de Oliveira. Será ás 19:30 horas e no caso de choiva trasladarase ao auditorio municipal.