Este sábado, día 8 de agosto, “Noite de Rancho” nas Cortellas, na parroquia ponteareá de Padróns.

 

IMG-20150729-WA0004Este sábado poderase gozar dunha “Noite de Rancho”, nas Cortellas, na parroquia ponteareá de Padróns, organizada polo Rancho de Reis das Cortellas, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, onde a partir das 22: 00 horas se poderá pasar unha agradable noite na compaña da boa música da terra, grazas á actuación dos grupos folk Ludovaina e Contracocheno. Os máis festeiros que teñan instrumentos poderán tocar ao remate da actuación. Haberá tamén queimada.