Este sábado 19, clases de baile solidarias a favor de Gatitude

Este sábado 19 o pavillón municipal Álvaro Pino acollerá clases de baile solidarias con Silvia Taboada a favor de Gatitude, do grupo de alimentadoras e alimentadores das colonias felinas en Ponteareas. Serán clases de bachata nivel iniciación de 20.15 a 21.45 horas para as que pode reservarse praza vía whatsapp no teléfono 616 862 169.
Para poder asistir as persoas interesadas deberán levar pienso, latas de comida para gatos, medicamentos, materiais de construción… Se algunha persoa non pode asistir pero quere colaborar pode pasar polo recinto e deixar as súas doazóns dende as 20.00 ata as 22.00 horas.