Este domingo teatro no auditorio

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista convídaos ao teatro este domingo día 2 de decembro ás 19:30 horas no auditorio municipal.

A reserva de entradas para “Té con Kant” de María Caparrini e Marta Pérez poden realizarse no correo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.gal ao longo do día de hoxe.

A venda anticipada de entradas será na billeteira do auditorio o sábado día 1 de 11 a 14 horas ou o domingo día 2 de 17:30 a 18:30 horas.

Esta obra ofrécese dentro da programación que a concellería de Cultura oferta en colaboración con AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e ten un prezo por entrada de catro euros.