Este domingo, O Parque da Bouza Vella acollerá a XIII Festa do Polo á Brasa.

Festa do Polo á BrasaFesta do Polo á Brasa-1A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolleu este mércores a presentación da XIII Festa do Polo á Brasa, que terá lugar o domingo, día 24 de agosto, no Parque da Bouza Vella, en Ganade, Areas. Neste acto estiveron presentes Marta Iglesias, deputada provincial, o concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro, e os representantes da Casa Cultural de Areas, os que presentaron os actos que se van levar a cabo durante esta festa gastronómica.
O concelleiro de Cultura quixo agradecerlle á organización, así como aos máis de 80 colaboradores, o seu traballo e o esforzo que fan posible que ano a ano esta festa teña máis visitantes e se consolide como un dos referentes dentro das festas gastronómicas da comarca.
Tras o pregón que correrá a cargo da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Mª. Nava Castro Domínguez, os asistentes poderán degustar máis de 4.000 racións de polo á brasa, e pasar un día de lecer nunha fermosa paraxe natural como é a Bouza Vella, onde haberá ao longo do día diversas actividades de animación. Paralelamente á degustación, celebrarase o XIII Festival Folclórico no que participarán o Grupo Folclórico de Xinzo e o Grupo Folclórico da Casa Cultural de Areas e o grupo de  pandeireteiras Tolerías, tamén da Casa Cultural de Areas. Así mesmo, poderase contemplar a III Mostra de Artesáns, onde se exporán os produtos elaborados de xeito tradicional.