Esta tarde inauguración da exposición “Ilustra-Arte” no auditorio municipal

O auditorio municipal Reveriano Soutullo acolle hoxe a inauguración da exposición “Ilustra-Arte”.

A partir das sete da tarde de hoxe e ata o vindeiro 10 de xaneiro poderemos desfrutar desta exposición de doce ilustradores da facultade de Belas Artes en Pontevedra. Baixo o tema central do misticismo Ana Fernández González será a comisaria desta exposición na que tamén nos achegará algunha das súas creacións.

Ana Fernández González é veciña de Salvaterra de Miño e estudante de Belas Artes, “agradezo moito ao concello de Ponteareas e a súa tenente de alcalde Cristina Fernández a boa acollida e colaboración para organizar esta exposición que forma parte dun proxecto da nosa facultade. Atopar un lugar no que expor e compartir as nosas creacións e algo decisivo para motivarnos e promocionarnos”.

Pola súa parte a concelleira de Eventos, Cristina Fernández, convida a toda a veciñanza a desfrutar de balde deste encontro creativo no que descubriremos o talento dos nosos e das nosas artistas.