Esta tarde… desfile das comparsas de Entroido!!! e mañá…. enterro da sardiña!!!

A partir das 19:30 horas as rúas de Ponteareas acollerán o desfile das comparsas de entroido. Máis de oitocentas persoas repartidas en doce comparsas volverán desfilar saíndo da Praza Bugallal, Senén Canido, Amado Garra, Rosalía de Castro, Concha Brey, Constitución, Bugallal, e rúa Oriente para chegar á Praza Maior e presenciar a entrega de premios das comparsas que destacarán a mellor maquixalle, a mellor animación, música en directo, vestimenta ou orixinalidade entre outros moitos aspectos. The Turre´s Band porá música á entrega de premios. 

Polas nosas rúas e prazas desfilarán as comparsas Batucada CDM, Carnavaleros Espaciales, Saladino, Comparsa Confarsa, Viva España, Cultura Oriental, Brincafuturo, Ondiñas de Papel, Circo do Sol, Mondariz baixo o Mar, Os Campechanos e Larga Vida: non temas a morte.

O enterro da sardiña pechará o entroido o mércores día 26 ás 20:30 horas saíndo da Casa do Concello acompañada da charanga SDK para dar lectura ao testamento na Praza Maior.