Esta tarde comezan as audicións do alumnado do conservatorio municipal de música

A concellaría de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa que dende hoxe mércores ata o vindeiro xoves 17 se celebrarán as audicións do alumnado do noso conservatorio municipal de música. Esta tarde a partir das 18:30 horas na sala de conferencias do auditorio municipal terá lugar a audición de violonchelo e viola, mañá xoves a de clarinete e oboe ás 18:30 horas no mesmo lugar e o venres 11 a de percusión ás 18:30 horas pero esta vez no conservatorio.

O Luns 14 será o turno do alumnado de piano ás 18:30 horas e do alumnado de gaita e guitarra ás 20:00 horas, todas as audicións deste día serán na sala de conferencias do auditorio municipal. O martes 15, nesta mesma sala, ás 17:00 horas haberá audición de violín e guitarra, ás 18:30 horas de saxo e frauta e ás 20 horas de música de cámara. O mércores 16 ás 18:30 horas audición de coro e orquestra na sala de conferencias do auditorio municipal e o xoves 17 ás 18:30 horas vento e metal, tamén neste emprazamento.