Esta fin de semana, V Trail de Arcos

A concellería de Deportes do concello de Ponteareas colabora co Club de Montaña Caminhantes do Condado que organiza o V Trail de Arcos este domingo día 7 de outubro.

A saída será na casa cultural de Arcos para todas as probas que propón a organización co obxectivo de ofrecer retos para todos os públicos. 

Deste xeito ás nove da mañá será a saída do trail longo de 26 km cun desnivel positivo de 1650m; o mini trail de 11,5km arrancará ás dez da mañá acadando un desnivel positivo de 650 metros e o trail curto con saída tamén ás dez horas terá 16km de percorrido cun desnivel positivo de 1050 metros. As tres probas pertencen ao calendario da Copa Galega en categoría absoluta, cadete e junior respectivamente.

Para que todas as familias poidan participar desta actividade, na que ademais de deporte podemos apreciar o patrimonio natural de Ponteareas, a organización ofrece unha andaina de oito quilómetros que parte ás 10:15 horas baixo o título de “Roteiro dos Penedos”.

A marcha conta co apoio da Federación Galega de Montañeiros e da Comunidade de Montes Veciñais en man común de Arcos.