Esta fin de semana teatro, motos, patinaxe, fotografía e andaina solidaria

Esta fin de semana Ponteareas comprométese co medio ambiente, co deporte, co motor e cos que máis o precisan. Deixámosvos a axenda para esta fin de semana cunha pequena modificación xa que muda o grupo de teatro que pechará as terceiras xornadas de teatro amador e será o grupo de teatro “Ilusionistas” os que suban ao escenario do auditorio municipal mañá sábado ás 20:30 horas.