Esta fin de semana as mellores compras están en Ponteareas

A concellería de Comercio do concello de Ponteareas convida a visitar a carpa da Praza Maior que esta fin de semana acolle a sexta feira de oportunidades organizada en colaboración con BANASTRA centro comercial aberto.

Os comercios de Ponteareas ofrecerán baixo a carpa da praza Maior os mellores produtos con descontos dende o 20% ata o 60%.

O sábado día 1 abrirán as súas portas de 10 a 20 horas e o domingo día 2 de 11:30 a 20 horas.

Dezanove tendas ofrecerán variedade e calidade aos mellores prezos e con descontos en produtos e servizos de última tendencia.

Para que as familias poidan facer as súas compras con comodidade haberá talleres infantís nos que entreter o tempo de lecer e sorteo de agasallos entre os que fagan as súas compras no noso comercio local que esta fin de semana abrirá baixo a carpa da Praza Maior.