Espectáculo para tódolos públicos e música pechan os actos do mes de setembro

A concellaría de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, convida a toda a cidadanía a gozar das actividades programadas para o día festivo de San Miguel, mañá martes día 29 de setembro.

Organizadas seguindo as máis estrictas normas de seguridade sanitaria e sempre contando coa colaboración dunha cidadanía responsable, mañá martes festivo local ás 18:30 horas arrancará dende o parque da Feira Vella o espectáculo itinerante “Laia aprendiz de maga” rumbo á praza de Ponteareas Cidade para o goce de nenos, nenas e maiores. Ás 20:30 horas actuará a banda de música Xuvenil de Xinzo tamén no parque da Feira Vella e ámbalas dúas actividades con entrada de balde.

Por último, ás 21 horas terá lugar o concerto de Guadi Galego tamén na Feira Vella, actuación que foi adiada por mor da climatoloxía adversa do sábado, pechando cunha das más premiadas e afamadas artistas galegas as nosas festas de setembro.