Espectacular concerto de clausura do VIII Festival Groba

Aforo completo no concerto de clausura do Festival Groba, así rematou a oitava edición que contou coa presenza sempre discreta do Mestre Rogelio Groba Groba. Día tras día o auditorio municipal de Ponteareas facíase pequeno ante un público cada vez máis numeroso que soubo respectar tódalas normativas COVID.

O concerto de clausura foi interpretado como é habitual, pola Orquestra de Cámara Galega, baixo a dirección de Rogelio Groba Otero, quen ademáis exerce a dirección artística desde a primeira edición do Festival Groba no año 2013.

O programa incluíu obras de Edward Grieg, Leos Janacek e do mestre Rogelio Groba. Do noso compositor galego foron elexidas dúas obras. A primeira delas foi Intres boleses, obra composta e estreada no 1978 pola que recibiu o Premio da Crítica Galega. Esta obra é unha suite que compón nun estilo que o mesmo autor denomina “in modo antico”.

A obra elexida para terminar o concerto e o Festival Groba foi un concerto para trompeta e orquestra de cámara, o Concertino Rococó, que foi interpretada polo gran trompetista galego, solista da Sinfónica de Chicago, e supuxo a estrea absoluta da obra que quedará para sempre na memoria colectiva como unha obra máis do mestre Groba estreada en Ponteareas por intérpretes galegos.

A fundación Rogelio Groba agradece a colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e moi especialmente a do Concello de Ponteareas. “Seguiremos traballando para continuar mantendo o nome de Ponteareas, Pontevedra e Galicia como punto de referencia da música de cámara desde o máis alto nivel internacional. Desexamos que todo fora do voso gusto e disfrutárades tanto como nós nesta semana na que a música, Ponteareas e Galicia enteira son as verdadeiras protagonistas do Festival Groba”, explicaron dende a organización.