A concellaría de Tráfico, que dirixe Roberto Mera, solicita a ampliación do servizo de renovación do documento nacional de identidade que realiza a unidade móbil da Policía Nacional na Casa do Concello de Ponteareas.
No día de hoxe abríuse ás oito da mañá o prazo para pedir cita para o vindeiro 18 de febreiro esgotándose as citas en tan só unha hora.
A Policía Local a través do sitio web do Concello e das súas redes sociais informará con quince días de antelación do prazo para solicitar cita previa no mes de abril, non podendo solicitarse a cita antes de que estea aberto o prazo.
Neste ano 2021 tamén se poderá renovar o DNI na Casa do Concello nos meses de, xuño, setembro e novembro.