A escola infantil municipal de Ponteareas viaxa a “A Canuda”

DSC02804A concellería de Servizos Sociais-atención primaria, que dirixe Marisol Valado, ven de organizar xunto aos titores e persoal da escola infantil municipal de Ponteareas o viaxe fin de curso, que como todos os anos se fai cos alumnos do último curso.

Na data de hoxe, un total de 64 nenos  con idades comprendidas  entre os 2 e 3 anos, viaxaron ao parque de “A Canuda”, en Salvaterra de Miño, acompañados polo persoal técnico-docente do centro, así como polos pais e nais de moitos dos nenos e nenas da excursión e ata onde se acercou tamén a propia concelleira.

Nesta actividade, cabe salientar a dobre intencionalidade, por unha banda a lúdica e por outra a educativa, xa que se acadan obxeitos como o de ofrecer aos nenos/as as posibilidades de facer unha actividade lúdica e participativa fora do ámbito  habitual da escola, e propiciar o contacto coa natureza acercándoos a ese espazo exterior.

Os nenos e nenas disfrutaron  ao aire libre na zona de xogos, e logo dunha sesión pertinente de aseo, tras haber visitado ós animais de granxa e os paxaros, aproveitando para se fotografiar con estes,   remataron a excursión cun picnic antes de voltar a escola.

A concelleira Valado salientou a importancia deste tipo de iniciativas porque  “nelas, por unha banda os nenos e nenas que participan, interactúan fora do ámbito da escola

reforzando a triple interacción: nenos, pais-nais e persoal docente, utilizando como medio  á natureza, nun contacto directo con ela”.