Entrega de premios dos IV Xogos Florais

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, que dirixe en funcións Hortensia Bautista, convida a toda a cidadanía a asistir á entrega de premios do IV Xogos Florais que terá lugar na sala multiusos do auditorio municipal mañá sábado día 8 ás 20 horas.

Nesta cuarta edición da entrega de premios do noso certame de poesía recitarán poemas a profesora de ensino secundario Marta Dacosta, o escritor e fotógrafo Vitor Vaqueiro e o escritor guardés Francisco Álvarez “Koki”.

Os membros do xurado son Delio Rodríguez, profesor de secundaria; Manrique Fernández, xornalista; Susana Lamela, escritora e psicopedagoga; a poetisa Marta Dacosta e a concelleira de Cultura en funcións e educadora, Hortensia Bautista; como secretaria do xurado estará a traballadora municipal do departamento de Cultura Sofía Rodríguez.

Durante o acto o pianista e alumno do conservatorio municipal de Ponteareas, Roberto Tato, interpretará dúas pezas musicais.

Hortensia Bautista agradece de antemán a todos os participantes a súa colaboración e anímaos a seguir desfrutando da arte de escribir.

Os e as premiadas na anterior edición foron:

Categoría infantil:

  • Os meus gatiños” presentado baixo o  pseudónimo de CANELA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Mª Cayetena Herrero Iglesias.

  • Carta de amor” presentado baixo o psudónimo de A PEQUENA ROSA NEGRA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Valeria Estévez López .

  • Ponteareas” presentado baixo o pseudónimo de CURIOSOMARABILLOSO. Unha vez aberto o sobre corresponde a Anxo Fernández Cambra.

Categoría Xuvenil:

  • Desgaste” presentado baixo o  pseudónimo de MOONCHILD. O poema corresponde a Giovanna Carvalho Carneiro.

  • Princesas” presentado baixo o  pseudónimo de TOKIO 011. O poema corresponde a Sara Seijo Vila.

  • Aquela mente” presentado baixo o  pseudónimo de AIKO KOKORO. O poema corresponde a Gala González García. 

Categoría Adulto: 

  • Un home común” presentado baixo o  pseudónimo de GALA PEREIRO. O poema corresponde a Fátima Domínguez Silva.

  • Queima” presentado baixo o  pseudónimo de CÉFIRO. O poema corresponde a Pilar Alonso Suárez. 

  • Vida estelar” presentado baixo o  pseudónimo de HUMIA. O poema corresponde a Carla Leándrez Dosantos.