Este sábado pasado, a Asociación Comercial Tea e Concello de Ponteareas premiaron a fidelidade dos clientes que fixeron as súas compras no pequeno comercio ponteareán.
A Asociación Comercial Tea e o Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Comercio, que dirixe Marisol Valado, puxeran en marcha durante a época de Nadal a súa campaña “As túas compras navideñas teñen premio”, coa que se buscaba potenciar a compra no pequeno comercio, premiando a fidelidade dos clientes con premios que serían sorteados entre todos aqueles que fixeron as súas compras nos comercios da devandita asociación.
Estes premios, máis de 40, foron entregados polos representantes da Asociación Comercial Tea e a concelleira de Comercio, Marisol Valado, quen salientou neste acto de entrega o compromiso do Concello de Ponteareas por potenciar e colaborar con todas aquelas iniciativas que redunden no beneficio do comercio dunha vila tradicionalmente comercial como é Ponteareas.