Entrega de premios Asociación-Tea, San Valentín

Q55A0967A asociación de comerciantes Tea, en colaboración coa concelleríade comercio que dirixe Marisol Valado, fixeron entrega o pasado mércores, dos premios do sorteo correspondente á campaña “San Valentín”.

Dende o día 4 e ata o día 20 de febreiro, os establecementos dePonteareas, pertencentes á Asociación de Comerciantes Tea, obsequiaron os seus clientes coas papeletas numeradas que lles permitían participar no sorteo de nove premios tales como: unha estanza dun fin de semana para 2 persoas no Hotel Balneario deMondariz con programa de ocio incluído, bonos para o pazo da auga do devandito hotel ou tratamentos de beleza nalgúns dos establecementos da asociación.

No acto de entrega, no que estiveron presentes, Lina Limeres, presidenta da asociación, xunto a outros membros da directiva así como a Concelleira de Comercio, Marisol Valado, fíxose entrega dos premios aos seguintes agraciados:

  • 1er Premio: Javier Pérez (Todo un detalle)
  • 2º Premio: Monte Jiménez (Floristería Roman)
  • 3er Premio: Divina Durán (Floristería Román)
  • 4º Premio: Susi (Floristería Román)
  • 5º Premio: Andrea (Complementos Pereira)
  • 6º Premio: Tania (Circemateria)
  • 7º Premio: Uxia ( Todo un Detalle )
  • 8º Premio: Gema Meiretes ( AnaYoly )
  • 9º Premio: Adela Fernández (Zarifa)

Esta xoven asociación, a pesar da súa curta andaina, representa xa un gran número de comerciantes que xuntando o esforzo de todos e cada un dos seus asociados xunto á colaboración da concellería de comercio, lograron relizar exitosas campañas que dinamizan o pequeno comercio, ofrecendo un trato personalizado, “mimando” por dicilo así, os seus clientes.